Votación electrónica
Onde queres que se faga a comida?
domingo, 31 de agosto de 2014
xoves, 3 de xullo de 2014
Discurso
Discurso de Fin de Curso 2013/2014
Me
llena de orgullo y satisfacción pronunciar estas palabras en estas
fechas tan señaladas.
Remata
o curso e non sen baixas, primeiro sufrimos a pérdida da nosa
querida compañeira Raquel (nunca olvidada polos profesores, todo hai
que dicilo), por desgraza tamén sufrimos a pérdida do noso querido
compañeiro, mártir e heroe Carlos Crisóstomo.
Cada
un de nós coñecimonos ou o intentamos coñecernos este ano,
intentamos coñercer a uns individuos completamente diferentes uns
doutros, e que todos eles van deixar unha pegada nos nosos recordos,
unha pegada inesquecible, temos que perder esas amizades coas que
tantas vivenzas pasamos, temos que separarnos coas vagas promesas de
volveren a verse todos o día de mañá, unhas promesas que sabemos
que probablemente non se cumprirán nunca. Coas amizades futuras tal
vez olvidemos as pasadas ou non, porque ao estaren con esas (coas do
futuro) podedes chegar a ver rasgos dos do pasado, soamente rasgos,
porque cada un é único, e tal vez soamente tal vez sexa por iso
polo que aos humanos nos custa tanto olvidar as persoas, sobre todos
coas que compartimos a nosa vida, a nosa formación ou un proxecto
común que nos leva ao futuro. O problema é que non hai unha segunda
oportunidade, soamente hai unha é pasa máis rápido do que nos
desexamos e do que nos podemos imaxinar (fixádevos que me parece que
foi onte cando vos vin entrar pola porta a primeira vez, ou cando
tiven que gritar ese (¡Gibraltar Español!, porque Abraira non me
oía) e agora mirémonos apunto de rematar o curso, xa pasaron uns
cantos meses e se esvararon máis rápidos que os do verán, e iso
que son menos é sempre nos saben a pouco en comparación coa
duración do curso ), non sei polo tanto que é o que fai que se
esvaren tan pronto, tal vez sexa que os momentos felices pasan
rápidos é os difíciles lentos (Tal vez sexa así de SIMPLE), Non o
sei!
Aínda
gardo a esperanza aínda que supoño que vaga de que algún día 4
persoas nos reunamos para facer puenting, tal vez só catro non sexa
tan difícil de unir, despois sempre as podería invitar a tomar algo
na miña casa en Vedra, pero iso sí (a traballar na leira se queren
beber), incluso o humor é algo que nos caracteriza, algo tan simple
como a nosa risa, pero é ese algo tan fácil de olvidar da outra
persoa a que a fai inesquecible. Imos dentro de un ano e pico rematar
a que posiblemente será a mellor experiencia da nosa vida, e
sinceiramente paréceme que foi bastante efémera.
Bueno,
non sei moi ben que dicir, eiquí remata o ano, o noso ano, creo que
os obxetivos están cumpridos, todos absolutamente todos soubemos
unirnos na nosa diversidade para facer de un 1º de Bacharelato D
modelo a seguir neste noso IES San Paio, aprendimos este ano os
valores de confianza (esa pequena cousiña (dito con ironía
claramente) que tanto nos axudará nos momentos cruciais da nosa
vida, sexan fáciles ou dificiles), aprendimos a traballar en equipo
e colaborar ( outra cousiña insignificante, un exemplo disto foi a
tan recente catástrofe da rotura da fechadura (o pomo)) aprendimos o
que significa amizade, e aprendimos a dar sen querer recibir, a
solidaridade é o que move as nacións (Hoxe en día España xa
houbera reventado, se non fora polos heroes anónimos que día a día
traballan e axudan aos máis necesitados, sen ir moi lonxe, a alumna
que máis nota quitou na selectividade este ano, vai participar este
veran (como ven facendo nos outros anteriores), en todo tipo de
actividades para axudar aos máis desfavorecidos.
Quédome
sen tempo, e me quedaría sen tinta se quixera expresar todo o que
sentin este ano ao voso carón, e dende logo que vos dou as grazas
por me haberen deixado pasar estes meses ao voso lado, grazas por
aturarme e aguantarme, grazas por permitirme vervos cada mañán
durante 200 e pico días por compartir unhas vivenzas que vos aseguro
que endexamaís se me olvidarán, grazas por darme o luxo de facer
que poida chamarme non só compañeiro senón tamén amigo voso,
grazas por me deixaren formar un anaquiño nos vosos recordos.
Pero
tampouco me olvido e vos dou grazas tamén por deixarme ser o voso
delegado grazas por todo, Grazas de verdade!
mércores, 2 de xullo de 2014
xoves, 22 de maio de 2014
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)













