Onde queres que se faga a comida?

xoves, 3 de xullo de 2014

Discurso


Discurso de Fin de Curso 2013/2014

Me llena de orgullo y satisfacción pronunciar estas palabras en estas fechas tan señaladas.


Remata o curso e non sen baixas, primeiro sufrimos a pérdida da nosa querida compañeira Raquel (nunca olvidada polos profesores, todo hai que dicilo), por desgraza tamén sufrimos a pérdida do noso querido compañeiro, mártir e heroe Carlos Crisóstomo.


Cada un de nós coñecimonos ou o intentamos coñecernos este ano, intentamos coñercer a uns individuos completamente diferentes uns doutros, e que todos eles van deixar unha pegada nos nosos recordos, unha pegada inesquecible, temos que perder esas amizades coas que tantas vivenzas pasamos, temos que separarnos coas vagas promesas de volveren a verse todos o día de mañá, unhas promesas que sabemos que probablemente non se cumprirán nunca. Coas amizades futuras tal vez olvidemos as pasadas ou non, porque ao estaren con esas (coas do futuro) podedes chegar a ver rasgos dos do pasado, soamente rasgos, porque cada un é único, e tal vez soamente tal vez sexa por iso polo que aos humanos nos custa tanto olvidar as persoas, sobre todos coas que compartimos a nosa vida, a nosa formación ou un proxecto común que nos leva ao futuro. O problema é que non hai unha segunda oportunidade, soamente hai unha é pasa máis rápido do que nos desexamos e do que nos podemos imaxinar (fixádevos que me parece que foi onte cando vos vin entrar pola porta a primeira vez, ou cando tiven que gritar ese (¡Gibraltar Español!, porque Abraira non me oía) e agora mirémonos apunto de rematar o curso, xa pasaron uns cantos meses e se esvararon máis rápidos que os do verán, e iso que son menos é sempre nos saben a pouco en comparación coa duración do curso ), non sei polo tanto que é o que fai que se esvaren tan pronto, tal vez sexa que os momentos felices pasan rápidos é os difíciles lentos (Tal vez sexa así de SIMPLE), Non o sei!


Aínda gardo a esperanza aínda que supoño que vaga de que algún día 4 persoas nos reunamos para facer puenting, tal vez só catro non sexa tan difícil de unir, despois sempre as podería invitar a tomar algo na miña casa en Vedra, pero iso sí (a traballar na leira se queren beber), incluso o humor é algo que nos caracteriza, algo tan simple como a nosa risa, pero é ese algo tan fácil de olvidar da outra persoa a que a fai inesquecible. Imos dentro de un ano e pico rematar a que posiblemente será a mellor experiencia da nosa vida, e sinceiramente paréceme que foi bastante efémera.


Bueno, non sei moi ben que dicir, eiquí remata o ano, o noso ano, creo que os obxetivos están cumpridos, todos absolutamente todos soubemos unirnos na nosa diversidade para facer de un 1º de Bacharelato D modelo a seguir neste noso IES San Paio, aprendimos este ano os valores de confianza (esa pequena cousiña (dito con ironía claramente) que tanto nos axudará nos momentos cruciais da nosa vida, sexan fáciles ou dificiles), aprendimos a traballar en equipo e colaborar ( outra cousiña insignificante, un exemplo disto foi a tan recente catástrofe da rotura da fechadura (o pomo)) aprendimos o que significa amizade, e aprendimos a dar sen querer recibir, a solidaridade é o que move as nacións (Hoxe en día España xa houbera reventado, se non fora polos heroes anónimos que día a día traballan e axudan aos máis necesitados, sen ir moi lonxe, a alumna que máis nota quitou na selectividade este ano, vai participar este veran (como ven facendo nos outros anteriores), en todo tipo de actividades para axudar aos máis desfavorecidos.


Quédome sen tempo, e me quedaría sen tinta se quixera expresar todo o que sentin este ano ao voso carón, e dende logo que vos dou as grazas por me haberen deixado pasar estes meses ao voso lado, grazas por aturarme e aguantarme, grazas por permitirme vervos cada mañán durante 200 e pico días por compartir unhas vivenzas que vos aseguro que endexamaís se me olvidarán, grazas por darme o luxo de facer que poida chamarme non só compañeiro senón tamén amigo voso, grazas por me deixaren formar un anaquiño nos vosos recordos.


Pero tampouco me olvido e vos dou grazas tamén por deixarme ser o voso delegado grazas por todo, Grazas de verdade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario